O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

Cumpresoños

Informe resumo de Cumpresoños

14/10/2014

Durante o ano 2013 e durante este 2014, fómosvos pedindo axuda para distintas cirurxías que xa se fixeron ou que se querían realizar. Queremos agradecervos enormemente a axuda e informarvos de como vai cada unha delas.

TropboxPisa

TROPBOX. No caso de TROPBOX, operado en 2013 por unha fractura tibial, a cirurxía tiña un custo de 280 € dos cales xa recadamos (entre o ano pasado e este) 240€ Ademais, tivo un elevado custo a medicación específica que houbo que darlle durante un prolongado período de tempo. En total, foron 330 €

PISA. Para esta perrita nova con cataratas xuvenís, pedimos axuda que nos permitise poder realizarlle a cirurxía despois de levar o servizo de oftalmoloxía do Hospital Veterinario Roff codina. Pero, segundo puidemos saber por veterinarios consultados e asociacións protectoras que realizaron a cirurxía noutros animais con problemáticas similares, os resultados non foron satisfactorios na maior parte dos casos. Por isto, polo elevadísimo importe da cirurxía (entorno a 1500 € máis medicación) e porque PISA está nunha casa de acollida dende hai meses e, polo que nos di a súa familia, fai unha vida practicamente normal e con moi boa calidade de vida, nos reformulamos a opción de non a facer e destinar o importe recollido a outros animais que o precisan aínda máis. En total recadado: 195€. Parte disto xa se empregou para facelo as probas diagnósticas previas tanto a ela coma a Popita (tamén con cataratas xuvenís, que tamén afortunadamente foi adoptada) e radiografías para a mestiza de caniche Vimi. O resto, destinarase aos gastos de TROPBOX.

Se algunha das persoas que fixeron a súa aportación para PISA tén algún inconveniente nisto, por favor, que non dubide en poñerse en contacto co Refuxio.

 ROTA. Campaña recén iniciada.

Doazón de medicamentos

12/05/2014

Medicamentos

Na Fundación Refuxio de Animais residen diariamente uns 450 animais entre cans e gatos. Anualmente ingresan uns 800 animais.
En moitas ocasións, tanto cando chegan coma ó longo da súa estadía no Refuxio, poden precisar medicación. Gástase unha gran cantidade de cartos en medicamentos. Moitos poden ser dos humáns. Tendo en conta que son moitos os medicamentos que se desperdician levándoos aos puntos SIGRE, poderían darse un bó uso deles no centro, sempre baixo control veterinario. Desta forma teríanse moitas ventaxas:

– Aforro por parte das administracións no tratamento para a destrucción dos devanditos produtos.

– Aforro nos gastos da Fundación Refuxio de Animais, o que nos permitirá reinvertilos en alimentación e poder así manter aos animais máis tempo no Refuxio, esperando a súa oportunidade de atopar un fogar.

É por isto, polo que vos propoñemos colaborar levando ao Refuxio (no horario de atención ao público), ou ben nos puntos onde se realizan as salidas, medicamentos e produtos sanitarios, que non utilicedes ou que foran levarse aos puntos SIGRE. Para iso, ofrecemos aquí unha listaxe dos produtos e materiais usados no centro.

Os que non utilicemos, levarémolos nós aos puntos Sigre.

Grazas pola vosa colaboración.

LISTAXE EN FORMATO PDF: LISTADO MEDICAMENTOS

LISTAXE EN FORMATO XLS: LISTADO MEDICAMENTOS

Porque ... coa vosa axuda poderemos.


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal