O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

Instalacións

O Refuxio de Bando ocupa uns 7.000 metros cadrados dunha parcela de 15.000 e está dividido en catro grandes módulos.

O edificio principal alberga as oficinas, a área de atención veterinaria (consulta, clínica, sala de hospitalización, …), a de atención ao público e a aula de educación ambiental, hospitalización e almacén de alimentación.

Nos módulos construidos como residencia para animais hai espazos específicos para cans e gatos, ademais de amplios patios e espazos comúns para que fagan exercicio e se socialicen. Todos os canís están protexidos do exterior e contan cunha cama para cada animal así como comedeiros e bebedeiros. Cada un destes espazos ten un patio ao que a animal pode acceder libremente.Canís

O Concello de Santiago investiu 395.000,00 € na construción e dotación deste centro. Atrás queda o caduco modelo de canceira, onde os animais se amorean sen espazo e sen as desexábeis condicións de hixiene e saúde. No Refuxio de Bando quérese asegurar a calidade de vida dos animais mentres estean baixo a súa tutela. Quen adopte no Refuxio de Bando terá todas as garantías de que ese can ou gato chega ao fogar coas acaídas condicións hixiénico-sanitarias.

Na actualidade estase ampliando con 1.037 metros cadrados máis de instalacións: para residentes e unha nova cuarentena.  Tamén 2 novas áreas de saída de cans, para elo invertíronse ao redor de 180.000,00 €.

¿Como conseguimos este obxectivo? En primeiro lugar sendo esixentes no deseño e construción do propio centro. O equipo de arquitectosGateiras que deseñou o Refuxio visitou previamente outros en diferentes zonas do Estado para tomar ideas, non repetir erros e adaptarse ás nosas necesidades.

Na Fundación trabállase día a día, e recopílase moita información de manexo, estancias, etc. baseada na experiencia, é por elo que as novas instalacións se deseñaron tendo en conta a experiencia destos 5 anos de traballo, solucionando problemas vistos e con melloras.


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal