O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

Formulario de Apadriñamento


captcha  

(*) Campos obrigatorios

ACTUALIZACIÓN: Neste momento non se están a asignar novos afillados para paseo dado que este programa de Padriño/Madriña Paseador está completo. Lembramos que todos os animais son apadriñables/amadriñables aínda que non sexa posible que entren dentro do programa de paseos; esto inclúe gatos. Estamos a anotar a todos os interesados nesta actividade de paseo e, no momento que sexa posible, iremos chamando por orde de solicitude. Moitas grazas.



Existen dúas formas de amadriñamento/apadriñamento:

A persoa que figura como padriño/madriña patrocinador, costeará parte dos gastos dun animal do Refuxio ata que este atope un fogar. Pódese amadriñar/apadriñar calquer animal do Refuxio.

A persoa que figura como padriño/madriña paseador, pode sacar de paseo ao afillado sempre e cando o centro considere ao animal apto para os paseos dentro deste Programa de Apadriñamento/Amadriñamento.

Cada animal será apadriñado por 3 persoas e cada persoa aportará 60,00 € anuais.

¿En qué consiste apadriñar?
O amadriñamento/apadriñamento é unha fórmula pola que toda persoa que quere aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano. Os padriños podenlle buscar un fogar entre os seus amigos, familiares…

¿Qué recibo a cambio de apadriñar?

  • O padriño/A madriña patrocinador terá información do animal e comunicaráselles se foi adoptado.
  • Poderá pasealo (sempre segundo as indicacións do Centro)
  • Dar unha oportunidade a un animal de prorrogar a súa estadía no Centro para poder atopar un adoptante.

¿Por qué apadriñar?
Porque  a Fundación Refuxio de Animais necesita achegas económicas para poder manter aos animais no centro durante todo o tempo necesario para atoparlles un fogar. Son moitos os gastos dos coidados dos animais: alimentación, limpeza, vacinacións, desparasitacións, etc.

¿Quén pode apadriñar?
Quen queira aos animais pero non poidan telo en casa, dende nenos ata persoas que se atopen en residencias de anciáns, hospitais, estudantes, etc.

¿A quén se pode apadriñar?
Pódese amadriñar/apadriñar a calquer animal que reside no Refuxio aínda que non todos poden ser paseados dentro deste Programa de Apadriñamento/Amadriñamento (están excluidos os animais que entran dentro da Lei 50/1999 de 23 de decembro sobre a Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos e os incluidos na Lei 4/2017 de 3 de outubro. Tamén todos aqueles que pola súa constitución ou actitude poidan supoñer un risco para as persoas ou para o resto de animais paseantes)

Se o animal ten a sorte de ser adoptado, comunicaráselle ao padriño e se lle asignará un novo afillado. Teranse en conta as preferencias da madriña/do padriño á hora da asignación e sempre segundo o criterio do persoal do centro que determinará a idoniedade do animal para o paseo dentro do Programa de Apadriñamento/Amadriñamento.

Formas de pago do apadriñamento

O pago pódese facer de varias formas:

  • Domiciliado:  é a forma preferente. Necesitaríamos para isto os datos do titular da conta (só no caso de ser diferentes aos do titular do apadriñamentos) e o número de conta completo cos 20 díxitos. O recibo de 60,00€ pasaríase unha vez ao ano, normalmente a metade do ano natural.
  • Transferencia: o padriño/madriña ingresaría directamente na nosa conta a cuota anual.
  • Efectivo: ben no centro de forma directa ou ben mediante xiro postal ou outro forma de envío. Esta é a forma principal de facer o pago do primeiro ano do apadriñamento; xunto co pago facilítanse os datos do padriño/madriña e os datos bancarios para os vindeiros anos.
  • Paypal: Ir á páxina

Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal