O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

imaxes levao para casaO obxectivo da Fundación Refuxio de Animais é conseguir o benestar animal, en especial dos animais de compañía, cans e gatos principalmente, así como a súa convivencia harmónica co ser humano. Para isto traballamos en distintas frontes:

  1. Albergue transitorio de animais abandonados, perdidos ou vagabundos dos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Vedra.
  2. Fomento da adopción responsábel dos animais do Refuxio. Os animais danse desparasitados, vacinados, identificados con microchip e esterilizados ou con compromiso de esterilización.
  3. Promoción das boas prácticas en relación cos animais de compañía, aspecto fundamental para evitar os malos tratos e o abandono e para así garantir o benestar dos animais, mediante:
    • Visitas a colexios.
    • Información aos adoptantes sobre os coidados para a súa mascota: alimentación, hixiene, desparasitacións, vacinacións.
    • Información sobre educación, adestradores, residencias, lexislación, asociacións e institucións para a defensa animal.
    • Consellos para intentar solucionar certos problemas e que así algúns donos non se desfagan das súas mascotas.
    • Participación en medios de comunicación: radio, televisión e prensa.
    • Terapia animal con certos colectivos: autistas, persoas con dano cerebral, …
    • Saídas cos animais do Centro para acercar o Refuxio á cidadanía.
    • Grupos de sociabilización de algúns animais

Todos os cans son entregados en perfecto estado de saúde e hixiene, vacinados, desparasitados, e identificados con microchip tal como marca a lei. Tamén se da un protocolo para os tratamentos profilácticos de por vida.

Existen tres formas de adoptar un animal do Refuxio:
A adopción aconsellada é a máis común e tradicional; nela ti elixes un animal en base ás túas necesidades e o levas para casa.

Outra opción é a acollida. Nestes casos optas por axudar a algún animal que necesita temporalmente (por razóns de saúde, coidados,crianza, sociabilización, etc) un fogar.

A terceira posibilidade é o apadriñamento, xa sexa na súa forma de padriño patrocinador que consiste en facerse cargo dos gastos de alimentación e coidados veterinarios daqueles animais mentres non atopan un fogar, ou de padriño acolledor que dá fogar e coidados aos animais que polas súas características a súa adopción é practicamente imposible.

A continuación podes acceder ás fichas dos animais que temos neste momento no Refuxio. Residentes son aqueles cans que se atopan no Centro, xa pasaron por todos os controis veterinarios e de aptitude por parte do equipo que dirixe as instalacións e, cando pase o tempo de espera para ser reclamado polo seu dono, segundo indica a lei 1/1993 e o decreto 153/1998, poderán ser adoptados.

Os que chamamos casos especiais son aqueles animais que pola súa idade, polas súas características físicas ou porque precisan dalgún coidado especial teñen máis dificultades para ser adoptados.

Os non residentes son animais que non se atopan no Refuxio. Moitas veces hai xente que se achega ata nós porque non pode seguir coidando á súa mascota por diferentes motivos (cambio de residencia, nacemento dun fillo con alerxia, problemas de saúde, …). Nestes casos os animais están nos seus fogares de orixe mentres os donos non se ven obrigados a trasladalos ao Refuxio. Cando atopamos unha persoa interesada comunicaremosllo ao seu dono para que entregue ao animal e sexa adoptado baixo as condicións do Centro.

Que hai que facer para adoptar?
Cando se desexa adoptar un animal o primeiro que hai que ter seguro é que ao animal o queren todas as persoas que forman parte do núcleo familiar, isto evita despois problemas de responsabilidade sobre o animal de compañía.

Tamén hai que ter en conta a esperanza de vida dun can (media 14 anos) ou dun gato (16 anos de media) e prever, dentro do posible, quen se podería facer cargo do animal no caso de non poder telo nós.

Durante esos anos, somos completamente responsábeis do animal: educación, coidados, tratamentos preventivos (vacinacións, desparasitacións), asistencia veterinaria cando a requira.

Cando teñades vacacións ou días libres, sempre podedess organizar: residencias, amigos, familia,…ou levalo con vós: hai moitos establecementos que permiten levar animais: hoteis, casas rurais, cámpings, etc

Asegurarse que, no caso dos pisos, o propietario ou os veciños da vivenda non teñen inconveniente en que haxa animais no edificio.

Ter un animal supón uns gastos periódicos, canto máis grande é o animal maiores serán. Tamén hai que dedicarlles tempo e moita paciencia.

Unha vez evaluadas as vantaxes e as responsabilidades que ten a compañía dun animal, a adopción responsable é a mellor opción.

Para unha primeira toma de contacto cos animais pódense ver os residentes/non residentes nesta páxina web e deste xeito facerse unha idea do animal. O seguinte paso é acudir ao centro e ver aos animais directamente ademáis de falar co persoal do centro sobre as características que se buscan no animal a adoptar (tamaño, actitude, idade, etc). O persoal do centro aconsellará para cada caso o animal que máis se axuste ao que o adoptante busca.

Unha vez feita a elección, e dado que no Refuxio de Bando se entregan todos os animais con vacinas, e con microchip pode non ser posible levar ao animal seleccionado nesta primeira visita. Darase, nestes casos, cita para recollelo en canto o animal estea listo.

O adoptante debe presentar o DNI, o carné de conducir ou calquer outro documento identificativo para poder facer a adopción. Ademáis, terá que asinar o contrato de adopción que a Fundación Refuxio de Animais ten previsto para estes casos (véase modelo debaixo) e aboar os prezos establecidos pola Fundación para cada caso (véase modelo debaixo)


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal