O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

1- Que facer para que non se perda?

  • Identificar cun microchip. É obrigatorio en Galicia dende xullo de 2003 (Decreto 90/2002 de 28 de febreiro) e nos seus 3 primeiros meses de idade. Consiste nun dispositivo de pequeno tamaño, como un gran de arroz, que se implanta cunha inxección no lado esquerdo do pescozo. Vale para toda a vida.  Só pode lerse cun lector. Se houbera cambio de domicilio, teléfono ou dono hai que comunicarlo ao veterinario para que llo comunique ao REGIAC (rexistro galego de identificación de animais de compaña)
  • Poñer unha placa gravada ou escribir cun rotulador permanente o teléfono no colar.

2- Que facer para atopar a nosa mascota?

  • Comunicalo na túa clínica veterinaria así como resto de clínicas. Pode valer un cartel cunha foto e os datos do animal: sexo, tamaño, idade, tipo de pelo, se levaba colar e o teléfono de contacto.
  • Comunicalo na Policía
  • Poñer carteis en establecementos.
  • Achégate ao Refuxio ou chámanos aos teléfonos 981 575 957 – 646 492 835  ou podes enviarnos ao noso correo, refuxio[contra o span arroba]@refuxio[contra o span punto].org, unha foto e as características do teu animal así como especificar a zona na que se perdeu e nos colgarémolo nesta web.
  • Comunícalo ao resto de centros de acollida municipais e non municipais (perreras e protectoras)
  • Se tes a sorte de atopalo, comunícanolo.

LEMBRA, canto máis xente o saiba, máis posibilidades haberá de poder atopar a túa mascota

AVISO
A Fundación Refuxio de Animais non se compromete a avisar aos donos dos animais extraviados pola imposibilidade material e humana dado a gran cantidade de animais que ingresan no Refuxio e a gran cantidade de avisos de extravío. Suxerimos que:

  • consulten a nosa páxina web: www.refuxio.org, na que aparecen os animais que ingresan cada semana.
  • Poñemos a súa disposición a nosa web, na sección de Extraviados. Para isto, envíennos unha fotografía do animal e descrición do mesmo (o máis ampla posible) e datos de contacto que se poidan publicar.

 

Ver máis fichas: 1 2 Seguinte »
Foto mascota: SOKI

SOKI

Perra extraviada el 2 de Julio 2018 en Lavacolla. Color marrón claro, de 10 kg aprox. Atiende al nombre de SOKI. Es inofensiva, muy sociable, acostumbrada a que la toquen los peregrinos. Contacto 981 897265 y 620287679.

Foto mascota: PÍA

PÍA

Cadela extraviada na zona de Teo. É medosa pero dócil. Contacto: 659-395-688

Foto mascota: PIROPÍN

PIROPÍN

Extraviado por Sar, Santiago. Atiende por Piropin, y al silbido. Tiene poco más de un año y es muy amigable. La punta de la cola es blanca (como un pincel). Contacto: 676750623

Foto mascota: CHISPITA

CHISPITA

O martes 22 de maio, entre Cruceiro de Sar e Calzada de Sar (Santiago) desapareceu “CHISPITA” (ou “CHISPI”), unha gata de raza siamesa, ollos azuis e un colar de cor rosa. Escapa da xente porque é bastante medosa. Se alguén a atopou ou cree que a viu, por favor, contacten co teléfono 699224550.

Foto mascota: RISTO

RISTO

Extraviado en Trasmonte, Barbude (A Estrada) o 30 de abril. Ofrecen recompensa a quen o atope. Contacto: Óscar 656 80 43 44

Foto mascota: DINA

DINA

DINA, CADELIÑA DE APENAS 5 ANOS, PERDIDA ESTE MARTES 10 DE ABRIL, MOI ASUSTADIZA. PERDEUSE POLO CAMPO DE FÚTBOL EN BRIÓN. CONTACTO 691200275

Foto mascota: PRINCESA

PRINCESA

Perra perdida en Procelas, Cacheiras el 30 de marzo. Lleva collar rosa. Nerea 662 23 06 41

Foto mascota: Johnny

Johnny

Extraviado polo Polígono Industrial de Negreira a noite do 14 ao 15 de decembro. Ten uns 11 anos, é un macho mestizo de labrador amarelo. Pesará uns 20 kg. Contacto: Marcos 660 399 908

Foto mascota: Perro atopado en Calo (Teo)

Perro atopado en Calo (Teo)

Atopado un can extraviado en Calo (Teo); é moi bó, parece novo pero está moi descoidado e famento. Hai xente que lle da de comer pero está na rúa. Búscase fogar, aínda que sexa de acollida mentres se lle dea difusión porque a zona na que se atopa é moi transitada. Contacto: zaidaregos[contra o span arroba]@gmail[contra o span punto].com

Foto mascota: MICO

MICO

Desapareció entre la noche del viernes 15 de septiembre y el sábado 16 en la zona de Vilar de Calo al lado de milladoiro. Es un gato macho castrado de dos años atigrado con los ojos amarillos y muy cariñoso. Contacto: 629745451

Ver máis fichas: 1 2 Seguinte »

Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal