O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

1- Que facer para que non se perda?

  • Identificar cun microchip. É obrigatorio en Galicia dende xullo de 2003 (Decreto 90/2002 de 28 de febreiro) e nos seus 3 primeiros meses de idade. Consiste nun dispositivo de pequeno tamaño, como un gran de arroz, que se implanta cunha inxección no lado esquerdo do pescozo. Vale para toda a vida.  Só pode lerse cun lector. Se houbera cambio de domicilio, teléfono ou dono hai que comunicarlo ao veterinario para que llo comunique ao REGIAC (rexistro galego de identificación de animais de compaña)
  • Poñer unha placa gravada ou escribir cun rotulador permanente o teléfono no colar.

2- Que facer para atopar a nosa mascota?

  • Comunicalo na túa clínica veterinaria así como resto de clínicas. Pode valer un cartel cunha foto e os datos do animal: sexo, tamaño, idade, tipo de pelo, se levaba colar e o teléfono de contacto.
  • Comunicalo na Policía
  • Poñer carteis en establecementos.
  • Achégate ao Refuxio ou chámanos aos teléfonos 981 575 957 – 646 492 835  ou podes enviarnos ao noso correo, extraviados @refuxio.org, unha foto e as características do teu animal así como especificar a zona na que se perdeu e nos colgarémolo nesta web.
  • Comunícalo ao resto de centros de acollida municipais e non municipais (perreras e protectoras)
  • Se tes a sorte de atopalo, comunícanolo.

LEMBRA, canto máis xente o saiba, máis posibilidades haberá de poder atopar a túa mascota

AVISO
A Fundación Refuxio de Animais non se compromete a avisar aos donos dos animais extraviados pola imposibilidade material e humana dado a gran cantidade de animais que ingresan no Refuxio e a gran cantidade de avisos de extravío. Suxerimos que:

  • consulten a nosa páxina web: www.refuxio.org, na que aparecen os animais que ingresan cada semana.
  • Poñemos a súa disposición a nosa web, na sección de Extraviados. Para isto, envíennos unha fotografía do animal e descrición do mesmo (o máis ampla posible) e datos de contacto que se poidan publicar.

Foto mascota: Juan

Juan

Desaparecido no lugar de LOBIO en ARINS (num. 58) un PASTOR ALEMÁN,chamado JUAN. contacto no 607153126 ou 667899863 ou 603840002.GRAZAS!

Foto mascota: GUARDIÁN y LUNA

GUARDIÁN y LUNA

Extraviados 17/06/2016 na zona do Polígono do Tambre. Guardián (8 meses), mastín y Luna (6 meses), pastor alemán. Contacto: Lydia 603288763

Foto mascota: MINA

MINA

Cadela de cor canela, pelo corto e tamaño medio foi extraviada na zona Pico Sacro. Atende ao nome de “Mina” Ten chip e está vacunada. Iria 675438281

Foto mascota: LÚA

LÚA

Perdeuse enfrente do restaurante “Paz Nogueira” na zona do Castiñeiriño o luns dia 23 de maio. É un cruce de pastor alemán con husky. Ten cores caoba, unha orella a sube e a outra non,. ten 12 anos leva un colar de raias azul e cris e outro desparasitario. Ten chip. Contacto 639140428

Foto mascota: COCO

COCO

El perro se perdió en la zona de Lampai Teo responde al nombre de Coco es muy cariñoso incluso con los desconocidos pesa unos 50 kl y mide unos 60 cm. Para cualquier información lamen al 607631969

Foto mascota: PANCHO

PANCHO

Extraviado a finais de abril en Loios, Valadares, Outes. Ten chip. Contacto: FELIPE (622 56 40 24) (981 82 49 20)

Foto mascota: DANNA

DANNA

Desaparecida esta cadela na zona do Cruceiro da Coruña (Santiago) o dia 22. Ten chip e responde ao nome de Danna. É un mestizo de pastor aleman con husky de cor claro. Créese que puido saltar e fuxir
ou incluso que a roubaran. Levaba un colar vermello. Contacto: 660653659

Foto mascota: PACO

PACO

Extraviado en Bertamiráns, estaba de acogida en la zona de Santiago,. No sabemos nada de él y no somos de Santiago. Es un perrito con mucho miedo que no se dejará coger, pero si alguien lo ve y puede situarlo en alguna zona sería de gran ayuda.

https://www.facebook.com/740140849450895/photos/a.751524748312505.1073741832.740140849450895/816182421846737/?type=3&theater

Foto mascota: BOX

BOX

Responde por Box ten un caracter moi docil con persoas e con outros cans pero e bastante asustadizo así que si alguen o intenta coller e non o coñece escapará, ten 8 anos e de tamaño grande (o peso non o sei pero rondara os 40 kilos) e de cor negra perdeuse na zona de Vedra (aldea de San Fins de Sales) fai 6 días. O telefono de contacto por si se atopa e o 676717871(Manuel)

Foto mascota: ATOPADO

ATOPADO

Can atopado en Santiago. Se o coñeces, ponte en contacto con Ana no 648706391


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal