O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

1- Que facer para que non se perda?

  • Identificar cun microchip. É obrigatorio en Galicia dende xullo de 2003 (Decreto 90/2002 de 28 de febreiro) e nos seus 3 primeiros meses de idade. Consiste nun dispositivo de pequeno tamaño, como un gran de arroz, que se implanta cunha inxección no lado esquerdo do pescozo. Vale para toda a vida.  Só pode lerse cun lector. Se houbera cambio de domicilio, teléfono ou dono hai que comunicarlo ao veterinario para que llo comunique ao REGIAC (rexistro galego de identificación de animais de compaña)
  • Poñer unha placa gravada ou escribir cun rotulador permanente o teléfono no colar.

2- Que facer para atopar a nosa mascota?

  • Comunicalo na túa clínica veterinaria así como resto de clínicas. Pode valer un cartel cunha foto e os datos do animal: sexo, tamaño, idade, tipo de pelo, se levaba colar e o teléfono de contacto.
  • Comunicalo na Policía
  • Poñer carteis en establecementos.
  • Achégate ao Refuxio ou chámanos aos teléfonos 981 575 957 – 646 492 835  ou podes enviarnos ao noso correo, extraviados @refuxio.org, unha foto e as características do teu animal así como especificar a zona na que se perdeu e nos colgarémolo nesta web.
  • Comunícalo ao resto de centros de acollida municipais e non municipais (perreras e protectoras)
  • Se tes a sorte de atopalo, comunícanolo.

LEMBRA, canto máis xente o saiba, máis posibilidades haberá de poder atopar a túa mascota

AVISO
A Fundación Refuxio de Animais non se compromete a avisar aos donos dos animais extraviados pola imposibilidade material e humana dado a gran cantidade de animais que ingresan no Refuxio e a gran cantidade de avisos de extravío. Suxerimos que:

  • consulten a nosa páxina web: www.refuxio.org, na que aparecen os animais que ingresan cada semana.
  • Poñemos a súa disposición a nosa web, na sección de Extraviados. Para isto, envíennos unha fotografía do animal e descrición do mesmo (o máis ampla posible) e datos de contacto que se poidan publicar.

Foto mascota: HÉRCULES

HÉRCULES

Extraviado na zona do Sar, en Santiago, o 9 de febreiro as 14h. Pesa uns 5 kg, negro coas patiñas marróns, e algo blanco na cola. Ten o pelo fino e suave. Ten microchip. Ten 16 anos polo que urxe moito que volva a súa casa. Fany: 665-09-59-49

Foto mascota: EXTRAVIADO

EXTRAVIADO

El martes 8 de diciembre aparecieron dos perros en la carretera de Padrón, de caza, abandonados. Uno se escondió pero al otro pudimos cogerlo, pero se escapó esa misma tarde por la zona de Biduído, Bugallido. El teléfono de contacto es: 687208764.

Foto mascota: PERLA

PERLA

Hola, quería informar de la pérdida de Perla, beagle de 9 años de edad. El miércoles 25 de éste mismo mes se escapó por la zona de Cambre, A Coruña.
Teléfono de contacto: 685 46 79 79
preguntad por: Margarita Castro
Otro teléfono de contacto: 685 886 918
En este caso pregunta por: Begoña Castro

Foto mascota: GATO VILLESTRO

GATO VILLESTRO

Comunícolles que este fin de semana pasada, pola zona de Vilastrexe/Portela da parroquia de Villestro, recollimos un gato que estaba extraviado, e cuxa foto acompaño. O mesmo ten un colar bastante peculiar que lle preguntaremos a quén o reclame para que o identifique.

O meu tf de contacto e 666.452.510

Foto mascota: ATOPADO EN BRIÓN

ATOPADO EN BRIÓN

Atopado o luns 16 pola noite no medio da estrada na rotonda dos Ánxeles, en Brión. Moi asustado e bastante delgado; os veciños da zona din que levaba por alí preto dunha semana. Non ten chip. Moi sociable, educado, bó con cans e gatos, acostumado a facer as súas necesidades fora da casa. Se o coñeces o queres adoptalo: Cristina 650607585

Foto mascota: KYRA

KYRA

Extraviada por Amio as 13h do 17 de novembro. Non levaba colar e non ten chip. Vironno pola zona das Cancelas e a media tarde pola zona de Meixonfrio. Contacto: 690971177 (Natalia)

Foto mascota: ROI

ROI

Extraviado en San Marcos (Santiago) o 18 de outubro. Ten chip. Contacto: 609746666 – 619831231

Foto mascota: ATOPADO

ATOPADO

Can atopado na zona das Cancelas o 14 de outubro. É un can novo, duns 12kg de peso, negro e marrón, pelo medio. Se o perdiches ou cres coñecelo, por favor, ponte en contacto: Esther 677325656

Foto mascota: MERLÍN

MERLÍN

Gato extraviado en Brión o 12 de outubro. Ten un ano e medio e é moi cariñoso. Contacto: Ana María 659525691

Foto mascota: PERRY

PERRY

Extraviado en Santiago o sábado 3 de outubro, dende entón vironno en varios puntos de Santiago pero dende hai días non se sabe nada del. non tiña microchip nin colar, ten unha cicatriz nunha das patas traseiras dunha operación fai uns meses. Contacto: 610349730


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal