O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

1- Que facer para que non se perda?

  • Identificar cun microchip. É obrigatorio en Galicia dende xullo de 2003 (Decreto 90/2002 de 28 de febreiro) e nos seus 3 primeiros meses de idade. Consiste nun dispositivo de pequeno tamaño, como un gran de arroz, que se implanta cunha inxección no lado esquerdo do pescozo. Vale para toda a vida.  Só pode lerse cun lector. Se houbera cambio de domicilio, teléfono ou dono hai que comunicarlo ao veterinario para que llo comunique ao REGIAC (rexistro galego de identificación de animais de compaña)
  • Poñer unha placa gravada ou escribir cun rotulador permanente o teléfono no colar.

2- Que facer para atopar a nosa mascota?

  • Comunicalo na túa clínica veterinaria así como resto de clínicas. Pode valer un cartel cunha foto e os datos do animal: sexo, tamaño, idade, tipo de pelo, se levaba colar e o teléfono de contacto.
  • Comunicalo na Policía
  • Poñer carteis en establecementos.
  • Achégate ao Refuxio ou chámanos aos teléfonos 981 575 957 – 646 492 835  ou podes enviarnos ao noso correo, extraviados @refuxio.org, unha foto e as características do teu animal así como especificar a zona na que se perdeu e nos colgarémolo nesta web.
  • Comunícalo ao resto de centros de acollida municipais e non municipais (perreras e protectoras)
  • Se tes a sorte de atopalo, comunícanolo.

LEMBRA, canto máis xente o saiba, máis posibilidades haberá de poder atopar a túa mascota

AVISO
A Fundación Refuxio de Animais non se compromete a avisar aos donos dos animais extraviados pola imposibilidade material e humana dado a gran cantidade de animais que ingresan no Refuxio e a gran cantidade de avisos de extravío. Suxerimos que:

  • consulten a nosa páxina web: www.refuxio.org, na que aparecen os animais que ingresan cada semana.
  • Poñemos a súa disposición a nosa web, na sección de Extraviados. Para isto, envíennos unha fotografía do animal e descrición do mesmo (o máis ampla posible) e datos de contacto que se poidan publicar.

Foto mascota: LOLA

LOLA

Extraviada en Calo (Teo, A Coruña) o xoves 8 de outubro con colar e correa postos. Colar negro con osiños e correa azul. Tamaño mediano, marron clara cunha tira negra no lombo. Ten chip. Contacto: 629927041.

Foto mascota: MATRAKO

MATRAKO

Desaparecido o 5 de setembro en Aríns (Santiago). O día 6 estivo en zona de Teo pola gasoliñeira da AP9. Ten un ano, é totalmente inofensivo e NON CAZA. Se gratificará. Contactos. 981 54 92 68 – 665 77 49 15

Foto mascota: MAYA

MAYA

Es una gata joven, con el rabo corto, atigrada. Se llama Maya.
Mi correo es: iriahs[contra o span arroba]@hotmail[contra o span punto].com
Mi telefono: 686158378

——————————————————————————–

Foto mascota: SANTI

SANTI

Perdeuse fai unhas dúas semanas na zona de San Lázaro.Ten mais ou menos un ano e algo, e é moi manso. Na orella esquerda ten unha cicatriz dunha ferida, e tamén nunha das súas uñas dunha pata traseira.

Para calquera información poñerse en contacto nos teléfonos 696323287 ou 659951460.

Foto mascota: NIKO

NIKO

O xoves 9 de xullo preto das 13.00 atopouse un cadeliño no Parque Europa da Coruña. Parece que foi abandonado porque alguén viu a unha muller deixalo xunto con outro igual nunha caixa de cartón e marchar. É un macho rabelo de aproximadamente dous meses, moi intelixente e activo. Parece un cruce dun Cocker Spaniel. Ten o nome provisional de Niko. Non podendo acollelo moito máis tempo na casa por motivos de traballo, estamos tentando buscarlle un fogar. Contactos: Fran: 653358474
Ignacio: 630252599

Foto mascota: CADELA ATOPADA EN BOQUEIXÓN

CADELA ATOPADA EN BOQUEIXÓN

Apareceu nas cercanias do Pico Sacro cadela tipo boxer, menor de dous anos, sen microchip, sana, alegre, boa, obediente e super afectuosa. Iolanda Aldrei. 620745195.

Foto mascota: ATOPADO NA ALAMEDA

ATOPADO NA ALAMEDA

Can atopado na Alameda de Santiago o domingo 5 de abril. Pequeno, de pelo medio, cor canela. Contacto: Laura:630486949
Eduardo:655296803

Foto mascota: KEKO

KEKO

Desaparecido en Paradela (Lugo) o martes 24 de marzo. Ten preto dun ano. Ten chip e leva colar negro. Contacto: 676221308 y 619130694.

Foto mascota: BREZA

BREZA

Extraviada o martes 17 de febreiro no Lugar de Lavacolla (Sionlla) preto de Santiago. Cadela de pequena estatura, uns 7kg. Só ten 5 meses de idade. É mestizo de schnauzer co pelo castaño e negro. Cariñosa pero algo medosa. Contactar con Marcos Tfno.: 663758005

Foto mascota: KIRA

KIRA



Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal