O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

1- Que facer para que non se perda?

  • Identificar cun microchip. É obrigatorio en Galicia dende xullo de 2003 (Decreto 90/2002 de 28 de febreiro) e nos seus 3 primeiros meses de idade. Consiste nun dispositivo de pequeno tamaño, como un gran de arroz, que se implanta cunha inxección no lado esquerdo do pescozo. Vale para toda a vida.  Só pode lerse cun lector. Se houbera cambio de domicilio, teléfono ou dono hai que comunicarlo ao veterinario para que llo comunique ao REGIAC (rexistro galego de identificación de animais de compaña)
  • Poñer unha placa gravada ou escribir cun rotulador permanente o teléfono no colar.

2- Que facer para atopar a nosa mascota?

  • Comunicalo na túa clínica veterinaria así como resto de clínicas. Pode valer un cartel cunha foto e os datos do animal: sexo, tamaño, idade, tipo de pelo, se levaba colar e o teléfono de contacto.
  • Comunicalo na Policía
  • Poñer carteis en establecementos.
  • Achégate ao Refuxio ou chámanos aos teléfonos 981 575 957 – 646 492 835  ou podes enviarnos ao noso correo, extraviados @refuxio.org, unha foto e as características do teu animal así como especificar a zona na que se perdeu e nos colgarémolo nesta web.
  • Comunícalo ao resto de centros de acollida municipais e non municipais (perreras e protectoras)
  • Se tes a sorte de atopalo, comunícanolo.

LEMBRA, canto máis xente o saiba, máis posibilidades haberá de poder atopar a túa mascota

AVISO
A Fundación Refuxio de Animais non se compromete a avisar aos donos dos animais extraviados pola imposibilidade material e humana dado a gran cantidade de animais que ingresan no Refuxio e a gran cantidade de avisos de extravío. Suxerimos que:

  • consulten a nosa páxina web: www.refuxio.org, na que aparecen os animais que ingresan cada semana.
  • Poñemos a súa disposición a nosa web, na sección de Extraviados. Para isto, envíennos unha fotografía do animal e descrición do mesmo (o máis ampla posible) e datos de contacto que se poidan publicar.

Foto mascota: MAILUKI

MAILUKI

08-04-2014
Perdida hoxe en A coruña, zona Riazor. É unha femia de tamaño pequeno. Ten microchip.
Contacto: Teléfono – 881963740.

Foto mascota: KEIKO

KEIKO

Gatita perdida el 16/02/16 en la zona de la calle de Teo, zona Santo Domingo de Bonaval, barrio Almáciga en Santiago.
Responde al nombre de Keiko. Teléfonos de contacto: 669 683 307 o 659 569 144

Foto mascota: LEXA

LEXA

Extraviada en zona de Santa Marta de Santiago. Gata Esfinge de 8-9 meses perdida el lunes 31 de julio. Raquel : 618297485

Foto mascota: Gata blanca

Gata blanca

Buscase gata blanca, adulta e cumha mancha negra no nariz. Desaparece pola zona da almáciga. Se alguen a ve por favor poñase en contacto con ROSA: 687 86 10 77. Gracias

Foto mascota: ATOPADO EN BELVÍS

ATOPADO EN BELVÍS

Atopado en Santiago concretamente no Parque de Belvís. É un macho, similar a un grifón, tiña colar e estaba moi delgado, seguramente leve varios días perdido.


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal