O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

desi_perro-pequeno-torax-l-06_07_2016-17_36_10-709O Refuxio de Bando está dirixido e xestionado por un equipo de profesionais cunha aptitude e valía demostradas, que foron  admitidos despois dun proceso público de selección.  Unha veterinaria que presta a asistencia sanitaria aos animais e supervisa as adopcións, cinco coidadores e unha administrativa,  forman o cadro de persoal do Refuxio. Este equipo conta coa colaboración desinteresada de voluntarios e voluntarias que no seu tempo libre axudan en tarefas de promoción das adopcións de animais, de socialización, de axuda nos seus coidados, actividades, etc.

A Fundación Refuxio de Animais é un elemento clave para unha política municipal de protección dos animais asentada en tres piares: prevención do abandono (a través da sensibilización social, do control do censo, da esterilización, etc.), promoción de boas prácticas en relación cos animais e fomento de adopcións.


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal