O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

Canís

As causas principais de entrada de cans e gatos no Refuxio son o abandono intencionado (na rúa, estradas, nas aldeas, no monte ou no propio Refuxio), o extravío, cría en colonias de gatos, falecemento de donos, cambio de domicilio, camadas indesexadas … Pode resumirse que o abandono é o resultado da falta de responsabilidade, respecto e coñecementos.

Desde o primeiro momento, cada animal que entra no Refuxio ten garantido o seu coidado. Logo de comprobar se o animal está identificado (con microchip, tatuaxe ou colar) todos son fichados e clasificados para facer o seu seguimento dentro do centro. Todos os animais son inspeccionados pola veterinaria e desparasitados interna e externamente. Os casos que precisan de tratamento veterinario e incluso de operación cirúrxica son atendidos inmediatamente co obxectivo de salvar a vida de todos os animais. Os cans e gatos operados recupéranse nunha sala específica para estes casos ou en casas de acollida.

Unha vez na zona de residencia, cada can e gato é seguido de xeito individual, establecendo para cada un a cantidade de comida axeitada e a necesidade de coidados especiais. O persoal do Refuxio clasifica aos cans en función do seu carácter, tamaño e sexo..


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal