O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

Exterior RefuxioOs concellos teñen as competencias e responsabilidades legais no ámbito da protección animal. Para o Refuxio optouse por unha xestión compartida e participativa, aberta aos colectivos que traballan no ámbito da defensa do benestar dos animais ou do ecoloxismo. Finalmente, constituíse unha Fundación, no patronato presidido polo Alcalde de Santiago de Compostela , ademais da representación institucional dos concellos que dela forman parte (Santiago de Compostela, Teo e Vedra), tamén conta coa participación representantes dos colectivos de protección animal e do ecoloxismo.

A actividade do Refuxio está aberta ás persoas que desexen achegar os seus coñecementos, as súas aptitudes ou as súas habilidades para mellorar a calidade de vida dos animais, sempre baixo a organización e coordinación da Fundación e tamén está aberta á colaboración de empresas e entidades.

A Fundación Refuxio de Animais acolle os animais dos concellos de : Santiago de Compostela, Vedra e Teo.

O xeito de financiación da Fundación Refuxio de Animais é:

  • Aportacións dos Concellos que forman parte do Padroado da Fundación:  Santiago de Compostela, Teo e Vedra
  • Subvencións: Deputación da Coruña, entidades privadas, etc.
  • Servizos realizados no Centro: adopción, incineración, eutanasias …
  • Apadriñamentos
  • Doazóns
  • Socios
  • Cumpresoños

Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal