O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

Que facer se a túa mascota se che perde

  • Debes dar aviso ao REGIAC nun prazo máximo de 72h (Artigo 21d, da Lei 4/2017 de 3 de outubro)
  • Comunicalo na túa clínica veterinaria.
  • Comunicarllo a policía
  • Poñer carteis en establecementos
  • Comproba se no teu refuxio, asociación ou centro de acollida municipal recibiron animais nos últimos dias. Na web do Refuxio de Bando publicamos case a diario a novas chegadas de animais non identificados ou cuio dono non pode ser localizado polas canles habituais. En caso de non ter éxito tamén podes enviarnos ao noso correo, refuxio[@]refuxio.org unha foto e as características do teu animal especificando a zona na que se perdeu e nos colgarémola nesta web.Tamén tés ao teu dispor un grupo de Alertas Animais Extraviados, na nosa páxina oficial de Facebook (www.facebook.com/refuxiodebando ou @refuxiodebando)

Calendario de vacinacións para os cans

As vacinas protexen aos nosos cans contra graves enfermidade, algunhas das cales son transmisibles ao home podendo ocasionarlles incluso a morte. Todos os cans, independentemente da súa idade, deben estar correctamente desparasitados e en perfecto estado de saúde para poder ser vacinados. Actualmente as vacinas que debemos subministrar aos nosos cans para prevenir enfermedades, ainda que non son obligatorias son:

  • Vacina Trivalente: protexe contra moquillo, hepatite infecciosa e leptospirose canina.
  • Vacina contra o parvovirus
  • Vacina contra o coronavirus
  • Vacina contra a tose das canceiras
  • Vacina antirrábica: obligatoria se saímos for de España. Haina que aplicar un mes antes de viaxar.

En ocasións algunas vacinas poden ser polivalentes, defienden cunha soa aplicación fronte a moitas enfermedades.
A idade axeitada para comezar a vacinar a un cachorro está nos 2 meses de vida repitiendo ao mes, cando teñan 3 meses de idade. Aqueles cans que se atopen en malas condicións hixiénicas ou en estado de amoreamento deben ser vacinados por primeira vez aos 45 días de idade.

Todas as vacinas, a excepción da antirrábica, serán postas en dúas ocasións para asegurar un bo nivel de inmunización se o animal ten menos de 3 meses.

É importante saber que para manter protexido ao noso can hai que revacinalo anualmente contra todas estas enfermidades. Esta é unha información orientativa. O teu veterinario informarache con precisión atendendo ás características do teu can.

Debes saber que …

  • Ter un animal de compañía é unha responsabilidade e, por tanto, antes de tomar a decisión debes ter en conta as súas necesidades físicas e afectivas.
  • O maltrato e o abandono están penados pola lei, como infracción grave.
  • Se convives cun animal de compañía debes coidar a súa educación e ensinarlle a respectar as regras da convivencia.
  • A colocación do chip identificador non é só unha obriga legal, facilita a recuperación dos animais extraviados ou robados.
  • O abandono de animais é unha das consecuencias do exceso de animais nacidos por descoido. Se tes un animal debes responsabilizarte de evitar o nacemento de camadas non desexadas.
  • A esterilización non causa ningún dano ao animal, facilita a convivencia e permite o control da poboación.

Vantaxes da esterilización

  • Evita moitas enfermedades de inducción hormonal: tumores mamarios, infeccións uterinas, enfermedades da próstata, tumores testiculares, tumores circunanales…
  • Evita que o animal se perda cando está en celo.
  • Evita marcaxe con orina ou defecacións.
  • Evita agresividade.
  • Evita camadas indesexadas.
  • As cadelas e as gatas sofren cando lles quitamos aos seus fillos.
  • Un can ou un gato pode detectar unha femia en celo a gran distancia, o que lle supón un gran sofremento.
  • Axestación en femias vellas pode ser perigoso para a súa saúde  e dar camadas con pouca viavilidade.

Falsas creencias da esterilización

  • Non ten por qué engordar, se a alimentación e o exercicio é o adecuado
  • Psicolóxicamente non prexudica a unha femia non ter camadas.
  • O seu comportamento e actitude será a mesma: defensa, caza, xogo… A variación prodúcese por facerse maiores.

Se atopas un animal abandonado

Pono en coñecemento de:

  • Policía local (Concello de Santiago): 092
  • Concello de Teo: 649 804 720
  • Concello de Vedra: 629 661 685
  • Concello de Boqueixón: 981 513 434

Vantaxes da adopción

  • Evita o comercio ilegal: no que se explotan ao animal, coma un simple obxecto, só para obter beneficios, en ocasións ven de países onde as condiciones de explotación e transporte son terribeis
  • Salvarás dúas vidas:
    • a do animal adoptado
    • a do animal que ocupará a súa praza
  • podes acabar có sofremento dos animais sen dono: os cans e gatos son animais sociabeis por naturaza, coma nós. Vivir aillados supóñelles un gran sofremento.
  • nos centros de acollida, a adopción é a única solución para os animais que manteñen

Se estás pensando en ter un can ou un gato, visita o Refuxio ou visita a páxina web e adopta algún dos animais alí acollidos.

Viaxar con mascota

O Código de Circulación establece que os animais non viaxarán no asento dianteiro do coche. Faranno só no traseiro e cunha protección que impida o paso á parte dianteira. Pero segundo o medio de transporte, pode varia-la norma.
Só os cans-guía poden acompañar sempre o seu propietario. Os autobuses, metro e trens de proximidades teñen prohibido o acceso de animais, coas excepcións que o condutor ou revisor determinen baixo a súa propia responsabilidade.

En trens de longo percorrido e barcos, están permitidos os animais de compañía, pero deben viaxar no departamento de equipaxes e no interior dunha gaiola especial para eles. Cada empresa de transporte é máis ou menos tolerante cos animais de pequeno tamaño (menos de cinco quilogramos) e pode permitir que estes acompañen o propietario no seu asento, pero o revisor ten a potestade de anular este privilexio. Sen embargo, cada vez aparecen máis compañías que permiten ter ao animal xunto co seu dono durante a viaxe; é cuestión de organizar a viaxe con tempo e preguntar nas distintas compañías.

O avión é o medio que maior aceptación mostra ante as mascotas de pequena talla, e as de maior peso deberán facturarse coa equipaxe. O responsable da aeronave terá, en caso de dúbida, a última palabra e decidirá se o animal viaxa co seu dono ou debe ir na bodega coa equipaxe.

A UE esixe, para a circulación dos animais de compañía entre os diversos países comunitarios, a cartilla sanitaria co certificado de vacinación antirrábica, o certificado oficial de saúde en calquera dos idiomas oficiais e a identificación con microchip.

Consellos para viaxar:

  • Se o animal vai a ir en transportín, deíxalo aberto na casa cunha mantiña ou colchón, para que se acostume a él e non o vexa como algo desagradable. Podelle axudar poñer algunha lambetada de animais o xoguete.
  • Podes poñer area de gatos o empapadores por se o animal orina o defeca na viaxe, así non se ensuciará.
  • Para cada 2 horas, se é un can, podes sacarlo e darlle auga, e que pasee.
  • Non lle des de comer antes de viaxar, pode vomitar.
  • NUNCA DEIXES AO ANIMAL COAS FIESTRA TOTALMENTE PECHADAS NUN VEHÍCULO,  PODE DARLLE UN GOLPE DE CALOR E MORRER.
  • Ten moito coidado de non deixar o coche ao sol, ni moito tempo aparcado pois pode chegar a darlle o sol e darlle un golpe de calor
  • Se o animal se marea pode ser por medo. Acostúmalle a subir ao automóvil parado, pouco tempo, e prémiale. Logo sen mover o coche, arráncao. Por último, fai percorridos moi cortos ata que termine de asocialo como algo non dañino.
  • Se segue con problemas de mareo, acude ao veterinario. Hai productos que o evitan.

Mascotas exóticas

  • Moitas persoas compran animais exóticos atraídos pola novidade, moda, mostrar o seu alto poder adquisitivo ou o seu aspecto físico, sen ter coñecemento tanto da Lexislación que regula o seu comercio (para evitar comercio ilegal) así como do tipo de animal que adquiren: necesidades, coidados, educación, tamaño adulto, etoloxía, fisioloxía…
  • A isto engádeselle que antes de telos non se informan e na maior parte das ocasións os vendedores non lles proporcionar información de todo veraz en relación co carácter, necesidades, crecemento ou evolución que poden sufrir as especies que compran.
  • É moi importante ter en conta que son especies que non sufriron, como no caso de cans e máis tarde gatos, unha domesticación dende hai anos, polo que normalmente poden converterse en agresivas, ou crecen demasiado, emiten mal olor ao facerse adulto… polo que os seus propietarios optan por desfacerse deles.
  • O abandono supón unha falta grave, penada pola Lei de Protección Animal, aínda que sexan especies exóticas. Neste caso á parte do sufrimento e posible morte do animal, os animais que sobreviven poden colonizar ecosistemas desprazando ou extinguindo especies autóctonas e noutras ocasións hibridándose.

Para máis información, pódense consultar os seguintes enlaces:

 

 


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal