O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon

CLUB FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS

La Fundación Refuxio de Animais inició su trayectoria en el 2006. Desde entonces los ciudadanos han colaborado de múltiples formas: voluntariado, adopción, apadriñamiento, asociándose, colaborando, etc. En definitiva, participando activamente en un proyecto común: EL BIENESTAR ANIMAL.

Tanta colaboración y esfuerzo merece que no sólo sea reconocido, sino que de alguna manera otorgue alguna ventaja para estos ciudadanos altruistas y anónimos. Es por ello por lo que vamos a iniciar la formación del Club de la Fundación Refuxio de Animais.

¿QUÉ ES?
El Club Fundación Refuxio de Animais permite agrupar a distintos colectivos que de una u otra manera participan en la Fundación Refuxio de Animais pudiéndose beneficiar con descuentos en los productos a la venta en la Fundación, cursos, o algunos servicios que prestamos, así como beneficiarse con descuentos en distintas entidades con las que tiene acuerdo la Fundación.

¿QUIENES PUEDEN INTEGRARLO?

  • Socios de la Fundación Refuxio de Animais
  • Adoptantes y acolledores, mientras tengan y demuestren tener adoptado o acollido algún animal del Refuxio.
  • Voluntarios.
  • Padriños e madriñas de animales residentes en el Refuxio.
  • Colaboradores.
  • Personas que de forma puntual realicen una donación a la Fundación superior a 10 € anuales.
  • Empleados de la Fundación Refuxio de Animais

VALIDEZ DE PERTENENCIA

  • Ser poseedor del carné de Club de la Fundación Refuxio de Animais sólo expedido en la Fundación Refuxio de Animais o por personal autorizado en mesas informativas oficiales de la Fundación.
  • Durante el tiempo que pertenezcan a alguno de esos colectivos, teniendo que renovarse anualmente.
  • Queda anulado al año si no lo renuevan y sellan, o si cesan en su actividad.
  • La caducidad vendrá indicada en el carné con la fecha y sello de la Fundación.

FORMA DE ACREDITACIÓN

  • Carné que será sellado anualmente donde se indicará fecha de validez en el reverso.
  • Se indicará la categoría de colaboración y un número según la categoría.

QUÉ APORTA FORMAR PARTE DEL CLUB

  • Descuentos del 5% en artículos vendidos en el Centro, cursos y algunos servicios realizados en el Centro:
  • Vacunación anual, sólo de animales adoptados en el Refuxio.
  • Eutanasia e incineración.
  • Se dará un adhesivo para coche, comercio, etc. de “Eu colaboro”.
  • Descuentos u otras ventajas en centros colaboradores (ya estén relacionados o no con el mundo animal).

ESPERAMOS QUE DE ESTA FORMA TODOS DE ALGUNA MANERA SE VEAN BENEFICIADOS

CLUB FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS – versión en galego

A Fundación Refuxio de Animais iniciou a súa traxectoria no 2006. Dende entón os cidadáns colaboraron de múltiples formas: voluntariado, adopción, apadriñamiento, asociándose, colaborando, etc. En definitiva, participando activamente nun proxecto común: O BENESTAR ANIMAL.

Tanta colaboración e esforzo merece que non só sexa recoñecido, senón que dalgún xeito outorgue algunha vantaxe para estes cidadáns altruístas e anónimos. É por iso polo que imos iniciar a formación do Club da Fundación Refuxio de Animais.

QUE É?
O Club Fundación Refuxio de Animais permite agrupar a distintos colectivos que dunha ou outro xeito participan na Fundación Refuxio de Animais podéndose beneficiar con descontos nos produtos á venda na Fundación, cursos, ou algúns servizos que prestamos, así como beneficiarse con descontos en distintas entidades coas que ten acordo a Fundación.

QUEN PODE INTEGRALO?

  • Socios da Fundación Refuxio de Animais
  • Adoptantes e acolledores, mentres teñan e demostren ter adoptado ou acollido algún animal do Refuxio.
  • Voluntarios.
  • Padriños e madriñas de animais residentes no Refuxio.
  • Colaboradores.
  • Persoas que de forma puntual realicen unha doazón á Fundación superior a 10 € anuais.
  • Empregados da Fundación Refuxio de Animais

VALIDEZ DE PERTENZA

  • Ser posuidor do carné de Club da Fundación Refuxio de Animais só expedido na Fundación Refuxio de Animais ou por persoal autorizado en saídas oficiais da Fundación.
  • Durante o tempo que pertenzan a algún deses colectivos, tendo que renovarse anualmente.
  • Queda anulado ao ano se non o renovan e selan, ou se cesan na súa actividade.
  • A caducidade virá indicada no carné coa data e selo da Fundación.

FORMA DE ACREDITACIÓN

  • Carné que será selado anualmente onde se indicará data de validez no reverso.
  • Indicarase a categoría de colaboración e un número según dita categoría.

QUE ACHEGA FORMAR PARTE DO CLUB

  • Descontos do 5% en artigos vendidos no Centro, cursos e algúns servizos realizados no Centro:
  • Vacinación anual, só de animais adoptados no Refuxio.
  • Eutanasia e incineración.
  • Descontos ou outras vantaxes en centros colaboradores (xa estean relacionados ou non co mundo animal).
  • Darase un adhesivo para coche, comercio, etc. de “Eu colaboro”.

ESPERAMOS QUE DESTA FORMA TODOS DALGÚN XEITO SE VEXAN BENEFICIADOS


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal