Inicio | Coñece o refuxio | Lévao para casa | Animais extraviados | Colaboración | Información útil | Documentos | Actividades
"O Refuxio" na Praza Roxa de Santiago :
O vindeiro día 19 de decembro dende as 16:00
h haberá unha carpa na Praza Roxa onde instalaremos
unha mesa informativa e baixaremos uns 10 cans do Refuxio, e
alí mesmo poderase adoptar algún deles e mercar distinto
material do centro: camisetas, postais, lotaría, calendarios,
correas, chucherías para os cans, etc. Ademais de información
para poder apadriñar, adoptar, facerse socio e todo o que
desexen coñecer do noso Refuxio.
Organiza o voluntariado da Fundación Refuxio de Animais.