Ir ao inicio
Imaxe ilustrativa

Se queres, podes darte de alta como voluntario/a para participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, de socialización. Sería unha maneira de contribuír a proporcionar o máximo benestar posíbel na estadía dos animais no Refuxio e facilitarlles un novo fogar. A Asociación Abeiro, conformada por voluntarios e voluntarias, pode prestarche a orientación que precises.

Para colaborar co Refuxio só tes que dirixirte ás súas instalacións e amosar a túa dispoñibilidade. As tarefas dos/as amigos/as do Refuxio poden realizarse tanto nas propias instalacións como fóra delas.


Imaxe logo pdfNormas para o voluntariado do centro de protección animal de Zarramacedo

 

Imaxe logo de Levao para casa