Inicio | Coñece o refuxio | Lévao para casa | Animais extraviados | Colaboración | Información útil | Documentos | Actividades
Se a túa mascota se che perde é posíbel que xa chegara ao Refuxio. Achégate ao Refuxio ou chámanos aos teléfonos 981 575957 ou 646 492835 e informarémosche de se nos últimos días entrou algún can ou gato coas características que nos dis. Estamos aquí para o que precises.
En caso de non ter éxito tamén podes enviarnos ao noso correo, extraviados[arroba]refuxio.org, unha foto e as características do teu animal así como especificar a zona na que se perdeu e nos colgarémola nesta web.
08/09/2010 - PINKY
Extraviado o 17/08/2010. É un can de algo menos de 2 anos. Extraviado na Rocha Vella de Santiago. É moi cariñoso e obediente. Cando desapareceu tiña o pelo recén cortado. Carmen: 981525392.
25/08/2010 - LUNA
É unha cadela de 5 anos de raza teckel. Extraviouse en Bueu (Pontevedra). É de raza de caza pero non sirve para tal xa que sempre viviu coa súa familia na casa. Está esterilizada, ten chip e colar. Gratificarase a quen axude a localizala. Teléfono: 609574266/ 667947379
05/08/2010 - NIEBLA
Cadela mestizo de cocker de cor marrón claro e branco extraviada hai unhas semanas. Chámase NIEBLA. Ten 7 anos. Non ten chip. Contacto: Refuxio.
19/07/2010 - ZEUS
Ten ano e medio. É de raza pitbull. Ten as orellas e o rabo sen cortar. O pelo cor crema e branco. É medoso pero moi bo. Contacto: Jorge: 663447823
13/07/2010 - ZAS
O 12 de xullo escapouse Zas,en Milladoiro-Ames, é un macho, castrado, de pouco máis dun ano. Ten unha cicatriz no lado dereito do fouciño. Contacto: 696285465 - Estrella
02/07/2010 - YUNA
Extraviouse o 23/06/2010 polo Milladoiro. Ten 6 anos, é de color canela. É un cruce de labrador de pelo corto e estatura media. É moi boa pero nerviosa e asústase cos ruidos fortes. Contacto: Paula 671481400
24/06/2010 - SANSON
Ten o pelo gris escuro, é marrón pola cabeza e lombo. É de pequeno tamaño, pesa uns 2 kg e ten chip. Ten 12 anos e extraviouse o 22/6/2010 sobre as 12 da maña no parque da Avda. de Ferrol en Santiago. Contacto: Rita 608766612 - 981520388
22/06/2010 - SIMÓN
Desapareceu o domingo 20/06/2010 pola tarde na zona de Lestedo, en Boqueixón. Ten (ou tiña) un colar de cor vermella e outro antipulgas verde. É pequeno, mestizo pero de nai Yorkshire. Dona: Alicia Rey.
03/06/2010 - TOBY
Ten uns 5 anos. Extraviouse o día 20/5/2010 pola zona de Lavacolla. Teléfonos de contacto: 659143391, 690799166, 646399563.
24/05/2010 - FRACK
Cocker, macho, Pelo negro con mancha branca no peito. Sen cola. Extraviado o 07/05/2010 en Trasmonte - Ames Tlfos Contacto: 687746244 - 630591141 - 981 883817
20/04/2010 - KRISPIN
Ten sobre un ano. Desapareceu a tarde do martes 6 de abril no Lugar de Proupin, na parroquia de Ames, en Ames. Os nosos teléfonos de contacto son 676 72 62 55 Cristina / 639 43 37 47 Jose Manuel
14/04/2010 - BOLA
Este é Bola. Macho, cariñoso e inquieto. Extraviouse na praia de Boa (Porto do Son) o 24 de marzo 2010. Ten chip e, no momento da súa desaparición, levaba un colar beis. Ademais, como dato para identificalo, ten os colmillos da mandíbula inferior moi salientes. Teléfono do dono: 635 660 765
13/04/2010 - LUCAS
Extraviado na R/ Ponte do Sar, Santiago. Ten os ollos azuis e é moi novo, sobre un ano. Teléfonos: 653380031 - 671163135
05/02/2010 - BIRIMBAO
Desapareceu de madrugada o 18 de decembro en Ponteulla concello de Vedra. É medio sabueso medio pointer, ten aproximadamente 1 ano e medio, é moi alegre e confiado aínda que revoltoso.Ten chip e cando desapareceu levaba un colar marrón.
21/01/2010 - PIRU
Macho de 4 anos e uns 5 kg. Non ten rabiño. É de cor marrón clariño e pelo curto. Desapareceu o 7/01/2010 en Searez de Arriba, concello de Ames.Teléfonos de contacto 699319206 ou 600578950.
25/08/2009 - PAUL
Perdeuse hai tempo xa, o 25/08/09, pero aínda o están a buscar. A zona é de Guillado, en Betanzos (A Coruña). Non levaba colar e pesa entre 20 - 25 kg. Ten 3 anos e chip. Chámase Paul. Contacto: 655626651 y 655626652
06/12/2009 - MARCAS
Cadela extraviada o 6 de decembro pola mañá. Ten microchip. Leva un colar azul e unha correa. Está recuperándose dunha intervención nun ollo. É moi tímida e asustadiza. Si a localizas entregaa no Refuxio ou chama ao 609 100 943. Moitas grazas.