Ir ao inicio
Imaxe do refuxio

Benvidos ao Refuxio de Bando, Centro de Protección Animal sito no concello de Santiago de Compostela. O refuxio foi creado polo propio Concello e xestionado pola súa Concellaría de Sanidade ata finais do 2006, no que se creou unha fundación pública, Fundación Refuxio de Animais, na que ademais do concello de Santiago e da Xunta, participan os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Teo e Vedra.

O Refuxio de Bando concíbese como un albergue transitorio para animais extraviados ou abandonados. Un dos seus obxectivos fundamentais é fomentar a adopción responsábel dos animais, polo que se facilitan as visitas de particulares, escolares e outros colectivos. Nel pódese obter información sobre o tipo de animal que mellor se adapta as necesidades e condicións de vida (membros da familia, tipo de vivenda…) da persoa adoptante, así como información para a súa correcta atención e educación, en orde a establecer normas de convivencia para evitar molestias.

Non residentes: XUÑO é un cruce de español bretón [Ver]

Data de última actualización de fichas: 31 de agosto [Ver]

Actividades: Os sábados de agosto e setembro o voluntariado realizará saídas [Ver]

Imaxe logo de Levao para casa