Novas | Coñece o refuxio | Lévao para casa | Animais extraviados | Colaboración | Información útil | Documentos | Inicio
Que
facer se a túa mascota se che perde
Calendario
de vacinacións para os cans
Que facer se a túa mascota se che perde
Se a túa mascota se che perde é posíbel que xa chegara ao Refuxio. Achégate ata as nosas instalacións ou chámanos aos teléfonos 981 575957 ou 646 492835 e informarémosche de se nos últimos días entrou algún can ou gato coas características que nos dis. Estamos aquí para o que precises. En caso de non ter éxito tamén podes enviarnos ao noso correo, refuxio[arroba]refuxio.org, unha foto e as características do teu animal así como especificar a zona na que se perdeu e nos colgarémola nesta web.
Calendario de vacinacións para os cans
As vacinas protexen aos nosos cans contra graves enfermidade, algunhas das cales son transmisibles ao home podendo ocasionarlles incluso a morte. Todos os cans, independentemente da súa idade, deben estar correctamente desparasitados e en perfecto estado de saúde para poder ser vacinados. Actualmente as vacinas que debemos subministrar aos nosos cans son:
Vacina
Trivalente: protexe contra moquillo, hepatite infecciosa e leptospirose
canina. Algunhas trivalentes empregadas actualmente protexen tamén
contra a tose das canceiras.
Vacina
contra o parvovirus
Vacina
contra o coronavirus
Vacina
antirrábica
A idade axeitada para comezar a vacinar a un cachorro está nos
2 meses de vida. Aqueles cans que se atopen en malas condicións
hixiénicas ou en estado de amoreamento deben ser vacinados por
primeira vez aos 45 días de idade.
Todas as vacinas, a excepción da antirrábica, serán
postas en dúas ocasións para asegurar un bo nivel de inmunización.
O intervalo entre as distintas vacinas será duns 15 días
aproximadamente, debendo ser adaptado e modificado dependendo das circunstancias
de cada can.
É importante saber que para manter protexido ao noso can hai que
revacinalo anualmente contra todas estas enfermidades. Esta é unha
información orientativa. O teu veterinario informarache con precisión
en atendendo ás características do teu can.
- Ter un animal de compañía é unha responsabilidade e, por tanto, antes de tomar a decisión debes ter en conta as súas necesidades f ísicas e afectivas.
- O maltrato e o abandono están penados pola lei.
- Se convives cun animal de compañía debes coidar a súa educación e ensinarlle a respectar as regras da convivencia.
- A colocación do chip identificador non é só unha obriga legal: facilita a recuperaci ón dos animais extraviados.
- O abandono de animais é unha das consecuencias do exceso de animais nacidos por descoido. Se tes un animal debes responsabilizarte de evitar o nacemento de camadas non desexadas.
- A esterilización non causa ningún dano ao animal, facilita a convivencia e permite o control da poboación.
- Se atopas un animal abandonado pono en coñecemento do Refuxio de Bando (teléfonos 981 575957 ou 646 492 835). Se dispón de chip identificador localizaremos de contado ao/á seu propietario/a.
- Se estás pensando en ter un can ou un gato, visita
o Refuxio e adopta algún dos animais
alí acollidos.
O Código de Circulación establece que os animais non viaxarán no asento dianteiro do coche. Farano só no traseiro e cunha protección que impida o paso á parte dianteira. Pero segundo o medio de transporte, pode varia-la norma.
Só os cans-guía poden acompañar sempre o seu propietario. Os autobuses, metro e trens de proximidades teñen prohibido o acceso de animais, coas excepcións que o condutor ou revisor determinen baixo a s úa propia responsabilidade.
En trens de longo percorrido e barcos, están permitidos os animais de compañía, pero deben viaxar no departamento de equipaxes e no interior dunha gaiola especial para eles. Cada empresa de transporte é máis ou menos tolerante cos animais de pequeno tamaño (menos de cinco quilogramos) e pode permitir que estes acompañen o propietario no seu asento, pero o revisor ten a potestade de anular este privilexio.
O avión é o medio que maior aceptación mostra ante as mascotas de pequena talla, e as de maior peso deberán facturarse coa equipaxe. O responsable da aeronave terá, en caso de dúbida, a última palabra e decidirá se o animal viaxa co seu dono ou debe ir na bodega coa equipaxe.
A UE esixe, para a circulación
dos animais de compañía entre os diversos países
comunitarios, a cartilla sanitaria co certificado de vacinación
antirrábica, o certificado oficial de saúde en calquera
dos idiomas oficiais e a identificación por un dos métodos
que recoñece a UE: tatuaxe ou chip.
O Refuxio Municipal de Animais de Bando ten entre os seus obxectivos a prevención do abandono de animais de compañía, a promoción de boas prácticas en relación con eles e o fomento de adopcións responsábeis. Na idea de promover unha boa relación entre as persoas e os animais de compañía a Concellaría de Sanidade desenvolve actividades formativas dirixidas ás persoas que adoptan ou posúen cans, dentro das cales se inclúen as sesións introdutorias ao coñecemento e á educación canina que agora se realizar án.
O obxectivo destas sesións é fornecer información acerca dos aspectos relacionados co coidado dos animais e coa convivencia destes nun contorno humano e están dirixidas a todas as persoas que convivan cun can ou teñan previsto adoptalo, ben do Refuxio ou doutra procedencia.
A primeira sesión celebrouse o domingo 27 de novembro de 2005 e nela falouse das fases da vida do can, da correcta elección do cachorro e o seu comportamento, do control das necesidades fisiolóxicas, do seu aseo e do proceso de socialización (relación cos nenos, viaxes, etc). Este curso foi impartido por Miguel Alonso Calvo, adestrador canino e coordinador técnico da Comisión de Expertos para o Adestramento de Cans da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
A segunda sesión foi o sábado 17 de decembro de 2005 e trataronse os seguintes temas: coñecemento do animal (razas e carácter); o proceso e métodos de aprendizaxe; saúde, hixiene e coidado dos cans e problemas dos cans nas cidades. O curso foi impartido por María Sabell Sierra, especialista en conduta animal.