Novas | Coñece o refuxio | Lévao para casa | Animais extraviados | Colaboración | Información útil | Documentos | Inicio
O Refuxio de Bando é un albergue transitorio. Un dos obxectivos deste centro é fomentar a adopción responsábel dos animais e buscar un fogar para cada un deles. Para iso, favorécense as visitas de particulares, escolares e doutros colectivos.
No Refuxio de Bando poderás recibir consellos sobre que tipo de can é mellor atendendo ás túas necesidades e condicións de vida (membros da familia, tipo de vivenda…) así como información para a súa correcta atención e normas de convivencia para evitar molestias.
Todos os cans son entregados en perfecto estado de saúde e hixiene, desparasitados e identificados cun microchip tal como marca a lei. Existen tres formas de adoptar un animal do Refuxio: a adopción aconsellada é a máis común e tradicional e nela ti elixes un animal en base ás túas necesidades e o levas para casa. Outra opción é a adopción transitoria. Nestes casos optas por axudar a alguén que necesita temporalmente (por razóns laborais, familiares, etc) un fogar para a súa mascota xa que esa persoa non o pode atender. A última posibilidade é o apadriñamento que consiste en facerse cargo dos gastos de alimentación e coidados veterinarios daqueles animais maiores ou que polas súas condicións físicas teñen moi difícil a adopción por unha familia
A continuación podes acceder ás fichas dos animais que temos
neste momento no Refuxio. Os residentes son aqueles cans que se poden adoptar
e xa pasaron por todos os controis veterinarios e de aptitude por parte
do equipo que dirixe as instalacións. Os que chamamos casos especiais
son aqueles animais que pola súa idade, polas súas características
físicas ou porque precisan dalgún coidado especial teñen
máis dificultades para ser adoptados. Os non residentes son cans
que non se atopan no Refuxio. Moitas veces hai xente que se achega ata
nós porque non pode seguir coidando á súa mascota
por diferentes motivos (cambio de residencia, nacemento dun fillo con alerxia,
problemas de saúde, ...). Nestes casos os animais están nos
seus fogares de orixe mentres os donos non se ven obrigados a trasladalos
ao Refuxio. Cando atopamos unha persoa interesada imos a recollelo a casa.
Modelo do contrato de adopción