Inicio | Coñece o refuxio | Lévao para casa | Animais extraviados | Colaboración | Información útil | Documentos | Actividades
Lévao para casa >> Residentes | Non residentes | Casos especiais | Adoptados | Gatos
Os non residentes son animais que non se atopan no Refuxio. Moitas veces hai xente que se achega ata nós porque non pode seguir coidando á súa mascota por diferentes motivos (cambio de residencia, nacemento dun fillo con alerxia, problemas de saúde, ...).
Nestes casos os animais están nos seus fogares de orixe mentres os donos non se ven obrigados a trasladalos ao Refuxio. Cando atopamos unha persoa interesada imos a recollelo a casa.
07/09/2010 - XUÑO
Fai uns tres meses XUÑO foi recollido por Patricia porque estaba perdido no monte. Ela puxo carteis coa foto do can pero non apareceu ninguén, acolléuno na súa casa pero agora non se pode facer cargo del e busca axuda para atopar unha familia. XUÑO é un cruce de español bretón, gústalle moito xogar e estar con outros cans, é moi sociable, cariñoso e moi activo e ideal para fincas, so quere que o queiran. Non ten chip.
23/06/2010 - BLANQUITA
Naceu o 26/12/2009. É moi cariñosa coa xente e cos animais tamén. É xoguetona. Está vacinada. Busca dono porque a súa dona xa non a pode ter.
22/06/2010 - SET
É un cruce de setter de 9 meses. É moi xoguetón e lévase ben cos cans. Está vacinado e ten chip. Os seus donos trasládanse lonxe e non o poden levar. 650805573 - 664047150
20/01/2010 - TUCO
Case 4 anos e 10 kg. Ten chip e todas as vacinas. E moi bo, listo e cariñoso aínda que algo nervioso. Contacto: maryaalvarez @yahoo.es
11/01/2010 - LALA
Lala é unha cadela de 10 meses. Por distintos motivos, a súa familia non pode atendela máis. En 10 días teñen que atoparlle un novo fogar. A cadeliña ten chip, todas as vacunas e é moi dócil e xoguetona en especial cos nenos