Ir ao inicio
fotografia do refuxio

O Refuxio de Bando ocupa uns 7.000 metros cadrados dunha parcela de 15.000 e está dividido en catro grandes módulos. O edificio principal alberga as oficinas, a área de atención veterinaria (consulta, clínica, sala de hospitalizacion, ...), a de atención ao público e a aula de educación ambiental.

Nos módulos construidos como residencia para animais hai espazos específicos para cans e gatos, ademais de amplios patios e espazos comúns para que fagan exercicio e se socialicen. Todos os canís están protexidos do exterior e contan cunha cama para cada animal así como comedeiros e bebedeiros que se limpan diariamente. Cada un destes espazos ten un xeneroso patio ao que a animal pode acceder libremente. Existen canís de diferentes tamaños que poden acoller desde dous a cinco animais simultaneamente. Tamén se presta o servizo de incineración, dispoñíbel para todos os animais de compañía que morran nos concellos integrados na Fundación.

imaxe ilustrativa

O Concello de Santiago investiu 395.000 € na construción e dotación deste centro. Atrás queda o caduco modelo de canceira, onde os animais se amorean sen espazo e sen as desexábeis condicións de hixiene e saúde. No Refuxio de Bando quérese asegurar a calidade de vida dos animais mentres estean baixo a súa tutela. Quen adopte no Refuxio de Bando terá todas as garantías de que ese can ou gato chega ao fogar coas acaídas condicións hixiénico-sanitarias.

¿Como conseguimos este obxectivo? En primeiro lugar sendo esixentes no deseño e construción do propio centro. O equipo de arquitectos que deseñou o Refuxio visitou previamente outros en diferentes zonas do Estado para tomar ideas, non repetir erros e adaptarse ás nosas necesidades.

 

Imaxe logo de Levao para casa