Novas | Coñece o refuxio | Lévao para casa | Animais extraviados | Colaboración | Información útil | Documentos | Inicio
Coñece o refuxio >> Directorio | As instalacións | Os profesionais | O coidado dos animais | A xestión
O Refuxio de Bando está dirixido e xestionado por un equipo de profesionais cunha aptitude e valía demostradas. A veterinaria Paloma Aguirre é a directora técnica, a prestadora da asistencia sanitaria aos animais e a supervisora das adopcións. Catro persoas, coidadoras, completan o cadro de persoal do Refuxio (no que en breve se integrará persoal administrativo). Este equipo conta coa colaboración desinteresada de voluntarios e voluntarias (Asociación Abeiro) que no seu tempo libre axudan en tarefas de promoción das adopcións de animais, de socialización, de axuda nos seus coidados, etc.
Este servizo é un elemento clave para unha política municipal
de protección dos animais asentada en tres piares: prevención
do abandono (a través da sensibilización social, do control
do censo, da esterilización, etc.), promoción de boas prácticas
en relación cos animais e fomento de adopcións.