Novas | Coñece o refuxio | Lévao para casa | Animais extraviados | Colaboración | Información útil | Documentos | Inicio
Coñece o refuxio >> Directorio | As instalacións | Os profesionais | O coidado dos animais | A xestión
As causas principais de entrada de cans e gatos no refuxio son o abandono intencionado (na rúa ou no propio refuxio), o extravío, os atropelos, a existencia de causas maiores que obrigan a desfacerse dos animais e o nacemento de camadas non desexadas.
Desde o primeiro momento cada animal que entra no refuxio ten garantido o seu coidado. Logo de comprobar se o animal está identificado (con microchip, tatuaxe ou colar) todos son fichados e clasificados para facer o seu seguimento dentro do centro. Todos os animais son inspeccionados pola veterinaria e directora do centro, Paloma Aguirre, e son aseados e desparasitados. Os casos que precisan de tratamento veterinario e incluso de operación cirúrxica son atendidos inmediatamente co obxectivo de salvar a vida de todos os animais. Os cans e gatos operados recupéranse nunha sala específica para estes casos.
Unha vez na zona de residencia, cada can e gato é seguido de xeito individual establecendo para cada un a cantidade de comida axeitada e a necesidade de coidados especiais. O persoal do refuxio clasifica aos cans en función do seu carácter